lamprea-Padron-didacticoUn ano máis, o noso concello continúa co programa de Promoción da Lamprea, co fin de seguir a concienciar aos máis pequenos da vila, da necesidade de conservar unha tradición tan propia con séculos de historia: a pesca da lamprea nas pesqueiras de Herbón.

A proposta está dirixida ao alumnado de 3º- 4º -5º e 6º de Educación Primaria dos diferentes centros de ensino: C.E.I.P. Flavia e C.E.I.P. Rosalía . Deste modo, o alumnado participante (dividido por grupos, curso e aula), deberá realizar un traballo de investigación, segundo as pautas establecidas e facilitadas previamente, en relación a diferentes bloques temáticos: artes de pesca da lamprea, comercialización, xeitos de cociñar e de conservar, vida e percorrido…

Entre os traballos presentados, seleccionarase un grupo gañador por curso que terá a oportunidade de dar forma á súa iniciativa a través dunha montaxe audiovisual: entrevista,  programa culinario, spot publicitario ou sesión expositiva.

GALERÍA DE FOTOS DOS COLEXIOS DE PADRÓN: fotos-colexios