concurso-empanadas-lamprea

 

BASES CONCURSO DE EMPANADAS DE LAMPREA DAS IV XORNADAS DA LAMPREA EN PADRÓN

Primeira. Obxectivos

Os principais obxectivos da convocatoria deste concurso son:

– Promocionar e poñer en valor o produto gastronómico da lamprea.

– Recuperar a elaboración da empanada de lamprea moi ligada ao municipio.

– Fomentar a participación da cidadanía na posta en valor deste produto.

Segunda. Participantes

Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas que o desexen maiores de 18 anos de idade e que cubran o formulario de inscrición, aceptando as bases do concurso.

Terceira. Inscricións

A inscrición será de balde e realizarase na Oficina de Turismo de Padrón situada na Avenida de Compostela s/n, ou no correo electrónico turismo@padron.gal como data máxima o venres 1 de marzo do 2018.

Cuarta. Data e lugar de celebración

Venres 9 de marzo de 2018 ás 20:00h no primeiro piso do Centro Social – Auditorio Municipal de Padrón

Quinta. Presentación e identificación

As empanadas presentaranse o venres 9 de marzo ás 19:30 no primeiro piso do Centro Social – Auditorio Municipal de Padrón.

Unha vez presentada a organización colorará o número de participación do concurso, que estará vinculado aos datos persoais de cada participante para que a valoración por parte do xurado fágase de forma anónima ata que se coñeza o fallo.

Sexta. Receitas

As empanadas que participen neste concurso deberán ter como principal ingrediente a lamprea.

Poderanse realizar de trigo, millo ou en timbal

Cada participante deberá dispoñer da receita escrita que conteña os ingredientes e modo de preparación a disposición do xurado no momento da presentación da empanada.

Sétima. Xurado

O xurado estará composto por persoas ligadas á restauración ou especializadas neste produto, que emitirán o veredicto unha vez finalizado o evento.

Oitava. Premios

Os premios do concurso serán:

– 1º premio: Diploma e 300€

– 2º premio: Diploma e 200€

– 3º premio: Diploma e 100€

Novena. Condicións de participación

A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases así como a decisión do xurado.

Autorízase á organización a realizar e publicar cantas fotografías se consideren oportunas nos diferentes medios (prensa, redes sociais, etc)

Máis información en turismo@padron.gal e no 646 53 19 33.

* Unha vez rematada a degustación por parte do xurado, as empanadas restantes serán servidas ao público asistente.