escapada-lamprea-Padron

En dous días poderás coñecer as terras que din pisou no seu día o apóstolo Santiago e coñecerás un Pazo vinculado a el, cheo de sorpresas escondido en plena natureza: o Pazo do Faramello. Nunha excursión de medio día, coñecerás o trazado da lamprea, desde que se captura (visitando dúas zonas diferentes en Padrón e Pontecesures) ata que está na mesa. Esta escapada inclúe un aperitivo con lamprea e un menú degustación. Inclúese tamén, unha visita cos Pais Franciscanos polo seu Mosteiro de San Antonio de Herbón. Padrón, é terra de literatos por iso incluímos a visita á Fundación do Nobel Camilo José Cela.

Itinerario:

Aloxamento en Padrón

Visita a Pazo do Faramello

Menú degustación de lamprea

Visita á Fundación Camilo José Cela

Ruta gastronómica da lamprea do río Ulla: visita ás pesqueiras de Herbón, visita guiada ao Convento de Herbón cos Pais Franciscanos, visita ao Porto de Pontecesures. Aperitivo con lamprea.

PREZO: desde 99.00 € por persoa

 

 

INCLÚE:

Aloxamento e almorzo en Padrón (1 noite)

Comida ou cea con degustación de variantes de lamprea. Inclúe auga e viño

Aperitivo de lamprea

Visita guiada ao Pazo do Faramello

Excursión de medio día con autocar: Visita guiada ao Convento Franciscano de Herbón e zonas de captura de lamprea: pesqueiras de Herbón e porto de Pontecesures. Acompañados por un guía de espazos naturais.

Visita á Fundación Camilo José Cela

Autocar grand-confort

Seguro de básico de viaxe

 

ITINERARIO AMPLIADO

Día 1:

12.00 h. Visita en Pazo do Faramello

Chegada ao hotel e tempo libre

17.00 h. / 18.00 h. Visita á Fundación Camilo José Cela

21.00 h. Cea degustación de lamprea

Día 2: Excursión de medio día con autocar:

10.00. Saída de Pontecesures en autocar cara a Herbón

10.30. Visita ao Convento Franciscano de Herbón

11.15. Visita ás pesqueiras de Herbón

12.00. Aperitivo de lamprea en Padrón

13.00. Visita ao Porto de Pontecesures, área de captura de lamprea

13.30. Traslado a puntos de recollida

Fin dos nosos servizos

+ info e reservas: www.viajesalmagaia.com

reservas@viajesalmagaia.com / 629 957 394 (Lu a vi. 09.30 a 17.30 h)