ruta-lamprea-herbon

Itinerario de medio día polas beiras do río Ulla para coñecer a historia da lamprea e do pemento en Herbón. Os Pais Franciscanos guiarannos polo seu Convento de San Antonio de Herbón, moi vinculado á lamprea, a ‘Raíña do Ulla’. Acompañados por unha guía especializada, visitaremos as zonas de captura da lamprea do río Ulla: pesqueiras de Herbón. Realizaremos unha pequena andaina pola Ruta do Pemento de Herbón (1 hora aproximadamente). No final da mañá, degustaremos a lamprea preparada con diferentes receitas. A degustación é opcional (ten un prezo de 10€ previa reserva antes do 7 de marzo).

10.00 h. Saída de Padrón en autocar cara a Herbón

10.30 h.Visita ao Convento Franciscano de Herbón

11.45 h. Andaina pola Ruta do Pemento de Herbón. Visita ás pesqueiras

13.00 h. Traslado a Padrón

13.30 h. Degustación da lamprea para persoas que teñan reserva

Opcional e recomendable: Menú de degustación de lamprea en Padrón. 25 € / persoa

Prezo excursión: De balde (sen degustación) previa inscrición antes do 7 de marzo. Con degustación: 10€ a pagar por transferencia bancaria.

Inclúe:

Andaina pola Ruta do Pemento e visita ás pesqueiras con guía acompañante

Degustación de lamprea e viño (opcional previo pago de 10€)

Visita guiada ao Convento de Herbón polos Pais Franciscanos

Seguro de básico de viaxe

+ info e reservas: Oficina de Turismo de Padrón

turismo@padron.gal /
646 59 33 19