excursion-lampreaA Ruta da lamprea do Ulla é unha ruta gastronómica na que a paisaxe e o sabor están presentes de principio a fin. Vivimos esta experiencia desde o seu levantamento ata a súa posta no prato. Unha ruta exclusiva e un referente para exquisitos padais.

9.15 h. Presentación no punto de encontro, dársena  de autobuses, Xoán XXIII e sobre as 09.45 h. no Xardín Botánico Artístico de Padrón.

Saída con dirección ás zonas de pesca da lamprea do río Ulla (Porto de Poncesureszona de valeiros e pesqueiras de Herbón), onde coñeceremos o seu hábitat. A continuación o percorrido seguiranos sorprendendo coa visita ao Convento de Herbón. Este mosteiro destaca polos seus xardíns e as súas fontes sacras ás que desde outrora proporciónanselle propiedades curativas. A curiosidade e  segredos  gardados deste mosteiro fan del, parada obrigada para o peregrino.

Ao mediodía degustaremos as diferentes variantes na cociña da Lamprea. Este prato é un manxar, delicia de exquisitos padais.

Pola tarde de regreso a Santiago de Compostela visitaremos Pazo Faramello. Unha antiga fábrica de papel nunha contorna inigualable polo que pasan varios Camiños Sagrados, como son a Traslatio; a Pedronía e o Camiño de Santiago.

19.30h Regreso ao punto de partida, Padrón ou Xoán XXII e fin dos nosos servizos.

+ info e reservas: www.viajesalmagaia.com

 reservas@viajesalmagaia.com / 629 957 394 (Lu a vi. 09.30 a 17.30 h)

 

*Excursión realizada co apio do Grupo Área Santiago Turismo