visita-lamprea-herbon

 

 

Itinerario de medio día polas beiras do río Ulla para coñecer o hábitat da lamprea e a súa relación co Convento Franciscano de Herbón.

Os Pais Franciscanos guiarannos polo seu Convento de San Antonio de Herbón, moi vinculado á lamprea, a ‘Raíña do Ulla’.

Acompañados por un biólogo, realizaremos unha visita medioambiental pola contorna  para descubrir o hábitat da lamprea (1 hora aproximadamente).

10.00 h. Encontro en Herbón

10.30 h. Visita ao Convento Franciscano de Herbón

11.45 h. Visita medioambiental pola contorna para descubrir o hábitat da lamprea

Prezo excursión: De balde para asistentes previa reserva antes do 27 de marzo

 

+ info e reservas: Oficina de Turismo de Padrón

turismo@padron.gal /
646 59 33 19