Skip to main content

Novas

Novas

Menús Lampreeiros con… Casa Farrucán

 

casa-farrucan-lampreaHoxe tocounos falar con Casa Farrucán… un sitio tradicional para comer lamprea  á bordelesa, pero cun toque especial… Pili cóntanos algún segredo… mirade…

1- Que lle parece a vostede a organización destas Xornadas da lamprea en Padrón. Considera o evento como unha acción positiva para a vila e para o seu local?

 Paréceme estupendo, hai moitas persoas que só a comen nestas xornadas gastronómicas de sabor a lamprea. Sí a considero unha acción moi positiva

2- Sobre a lamprea… que opina sobre a promoción que está a facer a administración turística con ese produto?

A promoción de turismo é moi boa, están moi interesados en darlle fama e deste modo axudarnos a nós para que a xente se anime a probala e a comela

3- Vostede participa nas III Xornadas Gastronómicas Padrón Sabor a Lamprea. Desde cando cociña vostede a lamprea? Que tipo de receitas fai? Tradicionais como a ‘bordalesa’ ou ten outras máis modernas?

 A nosa receita é a tradicional á bordelesa, cun toque moi especial, co cal podes comela sen medo xa que non é nada forte, nin se fai pesada como a xente pensa

En Casa Farrucan, levamos dende o ano 1973 cociñando este manxar, pero o establecemento leva aberto dende 1878. Somos a cuarta xeración e seguimos poñendo ímpetu para que os nosos clientes de sempre e os novos, a degusten e repitan.

4- Sobre os seus clientes que veñen a comer lamprea… hai clientes que repiten todos os anos? Que tendencia nota? Ten cada vez máis xente pedindo probar lamprea?

Temos clientes que si, que repiten ademais de todos os anos, varias veces na mesma tempada. Iso quere dicir algo!

5-  Que significa (persoalmente/profesionalmente) para vostede a lamprea? Defina a lamprea en 4 palabras:

Dicirlle a xente que non a probou que se anime porque é algo EXQUISITO!

 

 

 

Menús Lampreeiros con… Cafetería H2O

cafeteria-h2o-lamprea

Compartimos as respostas  da entrevista de H2O, opinando sobre a lamprea…

1- Que lle parece a vostede a organización destas Xornadas da lamprea en Padrón. Considera o evento como unha acción positiva para a vila e para o seu local?

‘Consideramos a iniciativa como positiva pero entendemos que podería ser un referente non só na comarca senón nun ámbito máis amplo e para iso debería organizarse con máis antelación, con máis publicidade e promoción e tratar de que fosemos máis os establecementos participantes…senón con menús, con tapas ou por medio doutras iniciativas’.

2- Sobre a lamprea… que opina sobre a promoción que está a facer a administración turística con ese produto?

‘Novamente consideramos positivo todo o que se faga na liña de promoción de productos locais e comarcais, iniciativas que atraian xente a Padrón e posicionen a nosa vila serán sempre positivas. Pero unha vez máis, entendemos que a promoción nin é suficiente (nin e axeitada) e dende logo que de pouco vale que se faga promoción (por boa e exitosa que sexa) si hai outros aspectos que non se están tendo en conta como por exemplo a implicación social na iniciativa (non só a hostalería a través de menús) senón implicar ao comercio que son sectores moi ligados, á xuventude a través de obradoiros na rúa ou outras actuacións, á infancia, a algunha asociación…facer as actividades a través das persoas que coñecen o oficio, difundir a parte legar da pesca, a comercialización deste produto, … a relevancia na prensa e noutros medios para dar a coñecer a iniciativa…a tempada la lamprea non é só cando se fan estas xornadas senón de xaneiro a abril, de xeito que cunha boa difusión e promoción en web e redes socias por exemplo (que é algo que non debería supoñer excesivo custe económico nin de tempo ao persoal do concello) se podería atraer xente á vila, aos restaurantes que a preparamos e dar a coñecer o produto e as xornadas antes da data nas que as celebramos’.

‘A promoción é un aspecto importante pero debe facerse ben e sempre complementada con outros aspectos. Por sí soa non serve de moito’.

NOTA: ‘Con respecto á pregunta, penso que se fai difusión das xornadas. O que é a lamprea en sí, como produto (gastronómico, cultural, biolóxico…) non se promociona o que se debería. Forma parte dun tipo de pesca exclusiva de determinadas zonas e trátase dun animal prehistórico que supón un interese absoluto para moitas cousas incluos relacionadas coa nosa especie…e entendemos que todo esto podería complementar ainda máis o produto atrainte para Padrón’.

3- Vostede participa nas III Xornadas Gastronómicas Padrón Sabora a Lamprea. Desde cando cociña vostede a lamprea? Que tipo de receitas fai? Tradicionais como a ‘bordalesa’ ou ten outras máis modernas?

‘Si, participo nesta terceira edición e participei más anteriores tamen’.

‘Nos facemos a receita tradicional e cociñamola Fender sempre’.

4- Sobre os seus clientes que veñen a comer lamprea… hai clientes que repiten todos os anos? Que tendencia nota? Ten cada vez máis xente pedindo probar lamprea?

‘Temos clientes que repiten todos os anos e son clientes que veñen polo produto ofertado e pola nosa preparación, porque nos coñecen…non son clientes que se acheguen ou veñan de primeiras só pola difusión que se fai destas xornadas (que tamén os hai pero non son a maioría, son clientes que xa iban vir e, dándolles igual unha data que outra, quizáis aproveiten a fin de semana que se fan estas xornadas. Tamen temos clientes que no la piden para levar para a casa pero dende antes de estas xornadas’.

5-  Que significa (persoalmente/profesionalmente) para vostede a lamprea? Defina a lamprea en 4 palabras:

‘CULTURA GASTRONÓMICA – HISTORIA – TURISMO –  BO TRABALLO E CLIENTES’

Padrón celebra as súas III Xornadas Gastronómicas da Lamprea entre o 10 e o 19 de marzo

Xornadas-lamprea-padron

Unha conferencia abrirá a programación de actividades, que inclúe propostas culinarias, divulgativas, culturais e de lecer.

As Xornadas Gastronómicas “Padrón, Sabor a Lamprea” celebrarán a súa terceira edición os días 10, 11, 12 e 17, 18, 19 de marzo, dúas fins de semana nas que diversos restaurantes da vila ofrecerán menús especiais e se programarán diversas actividades.

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Padrón organiza este evento gastronómico co obxectivo de valorizar e dar a coñecer este recurso desde o punto de vista culinario, pero tamén para salientar o seu grande valor cultural, patrimonial e a súa vinculación co territorio.

Así, a cita gastronómica será unha nova oportunidade para degustar as propostas da hostalería padronesa arredor deste peixe capturado nas pesqueiras de Herbón. Os menús terán un prezo de 25 euros por persoa e os establecementos participantes son: O Secreto, Chef Rivera, Parrillada Flavia, Restaurante Scala, Casa Farrucán, A Casa dos Martínez, O Alpendre, Cafetería H2O e o Restaurante Gaia.

Ademais das degustacións, esta nova edición das Xornadas Gastronómicas incluirá actividades educativas, culturais e de lecer relacionadas co mundo da lamprea e a súa cultura. Deste primeiro avance do programa destaca a celebración dunha conferencia na que diversos participantes falarán das bondades culinarias deste produto.

Unha conferencia abre a programación

O Auditorio de Padrón acollerá o venres 10 de marzo a conferencia titulada A Lamprea, unha xoia da gastronomía galega, na que 5 relatores debaterán sobre este produto e o seu potencial desde distintos puntos de vista: Xosé Antonio Rivera (Chef Rivera), Benigno Campos (do programa Larpeiros da TVG), Miguel Vila (escritor e crítico gastronómico), Javi Mos (do ámbito das redes sociais) e Juan Carlos Alonso (do blog Gastronomía en Verso).

A mesa redonda estará moderada polo escritor e xornalista Miguel Piñeiro e se celebrará a partir das 20.00 horas, con entrada libre.

Dentro das III Xornadas Gastronómicas “Padrón, Sabor a Lamprea” tamén se programarán actividades para escolares, talleres de cociña, visitas e rutas guiadas, unhas propostas que a organización irá detallando ao longo das vindeiras semanas.